Como todos ben sabedes, o 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro.
Para festexalo, a biblioteca pública de Narón presentou unha proposta dirixida principalmente ao público xuvenil.
Creouse un canal en Youtube (con vídeos de entre 4 e 7 minutos) no que os participantes podían facer reseñas e recomendacións dos seus libros favoritos.
Do noso colexio participou Noelia Pena, que nos falou do libro titulado Coraline, de Neil Gaiman. Por outra banda, Sergio Suárez, xunto cos seus amigos, contáronnos as aventuras do Hobbit de J.R.R. Tolkien.
Parabéns, sodes uns auténtic@s Booktubers!