A nai da nosa alumna Sila Carracedo e unha rapaza xorda, da Asociación de Xordos, ensináronlles aos nosos alumnos de 3º de Primaria unhas nocións da linguaxe de signos, coa que as persoas xordas e aquelas que padecen algún grao de deficiencia auditiva se comunican.

Ser xordo non é fácil nunha sociedade que fundamenta a súa comunicación na transmisión oral. Pero os xordos, coa linguaxe de signos, poden comunicarse entre eles e cos demais, e participar das actividades sociais e culturais. Á diferenza da fala oral, a lingua de signos non é audible. Componse, principalmente, de diferentes xestos que se realizan coa man, os signos, e que se combinan mutuamente; tamén a mímica, o movemento dos beizos e a posición corporal son elementos importantes para a constitución e a transmisión desta lingua.

Tamén existe unha lingua de signos para persoas que, ademais de padecer xordeira, perderon a visión. Neste caso, en vez de percibirse os signos de maneira visual faise a través do tacto. Os xestos realizanse sobre o corpo do receptor.

A experiencia foi gratificante para os alumnos e alumnas e aprenderon a dicir moitas cousas: o seu nome, os días da semana, os saúdos, as cores… Pero temos que seguir practicando.

Moitas grazas a esta nai e á rapaza xorda por ensinarnos tantas cousas!

0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0