Un gran deportista
O noso protagonista desta semana, ÓSCAR, é un gran deportista.
El só deseñou nun papel, na súa casa, o circuíto que realizaría diante dos seus compañeiros.


Despois, coa axuda dos seus pais, montárono no ximnasio. Óscar demostrounos o hábil que é no deporte; sobre todo facendo flexións, xa que aprendeu el só.


Os demais non nos puidemos resistir a realizar ese circuíto varias veces, e moitos comprobamos que facer flexións non é tan fácil.


Pasamos unha tarde moi deportiva e moi divertida!

