Festexamos a PAZ en 5º e 6º

Un ano máis, aínda que dun xeito diferente, festexamos o día da PAZ. Fixemos, entre outras cousas, un traballo manual.

Debuxamos as nosas mans nunhas cartolinas; e, despois recortámolas de tal forma que no medio quedasen unidas por un corazón.

A continuación, puxemos a palabra “PAZ” en diferentes linguas, e escribimos un desexo.

Por suposto, o desexo máis xeneralizado foi: “Que se vaia o virus e todo sexa coma antes”. Oxalá se cumpra axiña!

Post relacionados

Día da Paz (EI e EP)Día da Paz (EI e EP)

Os nenos do CPR Santiago Apóstol, de Narón, queremos un mundo no que vivamos en Paz e harmonía. Por iso, dende Infantil ata Primaria conmemoramos o Día mundial da Paz, 30 de xaneiro, cantando e bailando a canción de “Danza pola Paz” e cunha solta de pombas mensaxeiras que leven a nosa mensaxe a todos os recunchos do mundo.

(máis…)