Un ano máis, aínda que dun xeito diferente, festexamos o día da PAZ. Fixemos, entre outras cousas, un traballo manual.

Debuxamos as nosas mans nunhas cartolinas; e, despois recortámolas de tal forma que no medio quedasen unidas por un corazón.

A continuación, puxemos a palabra “PAZ” en diferentes linguas, e escribimos un desexo.

Por suposto, o desexo máis xeneralizado foi: “Que se vaia o virus e todo sexa coma antes”. Oxalá se cumpra axiña!