Gala TEI 2019 (ESO)

O pasado día 17 de xuño, o alumnado TEI da ESO (cursos 1ª e 3º), celebraron o seu acto de peche do Programa.

Titores e titorizados intercambiaron cartas de despedida e deuse lectura ás máis representativas de cada curso.

Ademais, os alumnos titores foron agasallados cun diploma de recoñecemento polo seu labor desempeñado ao longo do curso.

Despois de visionar todos xuntos un vídeo sobre o acoso escolar, no que algúns destes alumnos foron partícipes, fixéronse unhas fotos de grupo como recordo deo Programa TEI do curso 2018 – 2019.

Post relacionados