Axudas NEAE 2019/2020

Convocatoria: Resolución pola que se convocan as axudas; Anuncio da convocatoria (BOE do 27 de xullo de 2019)

Prazo aberto ata o: 26 de setembro de 2019 (inclusive)

As axudas citadas soamente están destinadas a aqueles alumnos que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da súa discapacidade ou transtorno grave de conducta, ou ben, asociados a altas capacidades intelectuais.

Tramitación

Realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.

Máis información na web do Ministerio de Educación.

Post relacionados

Axuda gratuidade 0-3Axuda gratuidade 0-3

A Escola Infantil Santiago Apóstol é beneficiaria da “Axuda para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos e sucesivos en escolas infantís de 0-3 anos de titularidade privada” (Orde do 13 de marzo de 2020) pola que se aplicará unha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020 aos segundos fillos e sucesivos da unidade familiar.