O alumnado de primaria traballamos acción de grazas na materia de artística.


Primeiro, informámonos do que acontecía nun día coma este e de onde viña esta tradición.
Sempre se celebra o cuarto xoves do mes de novembro, data na que as familias se reúnen para dar grazas por todo o que teñen.



Nós, para celebralo, fixemos uns pavos porque son a comida típica e puxemos en cada pluma un agradecemento a alguén ou a algo que temos nas nosas vidas.
Lembramos que o seguinte día a acción de grazas é o famoso “black Friday”, co que comezan as compras do Nadal!

