Volta ciclista ao museo da policía

Os nenos e nenas de quinto de Primaria fomos, en bicicleta, o día 20 de novembro visitar o museo da policía de Narón.

Xenial e moi entretido!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Acompañáronnos dous policías, Sonia e Pedro, o experto Simón, un pai e un avó e as profes Lupe e Emma.

Percorremos diferentes rúas, pontes, sendeiros e corredoiras. Que divertido, aínda que, ás veces, algún de nós baixaba da bicicleta e subía algunha costa a pé.

[ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter_end][/ezcol_1quarter_end]

[ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter_end][/ezcol_1quarter_end]

No museo ensináronnos as enormes lanternas que utilizaban hai anos, as máquinas de escribir, os diferentes traxes que usaban, os alcoholímetros, ata porras e esposas… entre outras moitas cousas interesantes. Pero… o máis divertido foi montar nunha moto de “poli”! Algúns de nós puxemos cara de velocidade e de “polis” duros.

[ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter_end][/ezcol_1quarter_end]

[ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter][/ezcol_1quarter] [ezcol_1quarter_end][/ezcol_1quarter_end]

Pasámolo moi ben e estamos desexando volver!

Post relacionados

Music is fun!Music is fun!

O alumnado de quinto de primaria estivo a traballar nun proxecto musical nas clases de inglés. Cada un buscou a canción en lingua inglesa que máis lle gustaba, amosoulla aos compañeiros e preparou unha actividade para desenrolar na clase.

(máis…)