Homenaxe a Sara

Sara deixas unha pegada tan forte no noso corazón que che queremos facer unha homenaxe moi sentida dende a que foi a túa segunda casa dende pequena, o noso colexio.

Destacabas pola túa fortaleza, por ser decidida, e polo sorriso que sempre amosabas neses olliños pícaros que falaban sós. Traballadora incansable. Ansiosa por aprender, e disposta a axudar e a animar aos demais. A túa madurez, gratitude e bondade eran incribles.

Malia a túa curta idade, fuches un exemplo para todos os que tivemos a sorte de coñecerte e de compartir tempo contigo. Aprendamos de ti e miremos ao futuro con alegría.

NON TE ESQUECEREMOS NUNCA!

SEMPRE VIVIRÁS NOS NOSOS CORAZÓNS, SARIÑA!

Post relacionados

Lei do MenorLei do Menor

O pasado 4 de outubro persoal da Asociación ARELA (entidade galega que ten como misión fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da xuventude de Galicia en situación de desprotección e/ou conflito social) impartiu, ao igual que en anos anteriores, unha charla sobre a Lei do Menor dirixida ao alumnado de 2º da ESO.

Esta actividade está contemplada no seu Programa de Prevención de condutas infractoras, denominado KTORCE-18, en alusión ás idades que abarca.