Moito por moi pouco

Os alumnos do cole CPR Santiago Apóstol de Narón quixeron felicitar o Nadal, tras este ano tan duro, aos nosos maiores, ás persoas dependentes e ás familias que teñen que permanecer no hospital nestas datas.

Foi un proxecto que empezou o ano pasado a raíz dunha familia que tivo unha meniña, chamada Vera, que naceu cunha enfermidade conxénita do corazón. Todos quixemos participar nun proxecto tan fermoso para animar ás familias de meniños enfermos nestas datas tan especiais. Foi moi emocionante e apaixonante.

Este ano, fomos máis aló e os alumnos fixeron postais e adornos para colgar na árbore de Nadal, preto da nosa comunidade, nos centros Manuela Sequeiro, Euxa, ASPANEPS, centro de maiores San José, Afal, centro de parapléxicos e complexo hospitalario Arquitécto Marcide.

O que máis nos sorprendeu foi a resposta por parte de moitos dos residentes que nos fixeron vídeos bailando, cantando e felicitándonos, mandáronnos agasallos de Nadal, encántaronnos! Ao velos houbo algunha que outra bágoa de emoción…

Queremos agradecer dende o cole a resposta tan fermosa a esta iniciativa e felicitar o Nadal a todos os que logrades facer un mundo mellor.

Post relacionados

Visita ao MuncytVisita ao Muncyt

Cos nosos alumnos de 3º curso de Educación Primaria visitamos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña para establecer un acercamento ao coñecemento, á cultura e á educación científica a través das coleccións históricas de ciencia e tecnoloxía.

(máis…)