Os alumnos de primeiro e segundo de Primaria, ademais de realizar as actividades dos nosos pupils e activity book, cantamos, bailamos e, sobre todo, xogamos. Agora estamos aprendendo as partes do corpo.
Dos xogos, un dos que máis nos gusta é o Guess. Un de nós, diante de toda a clase, tira o dado e intenta adiviñar a parte do corpo do noso dinosaurio. Se acerta, suma un punto.
Tamén xogamos coas flash cards: En grupos, unimos as etiquetas dos nomes coa imaxe. Non resulta fácil porque temos tempo limitado e debemos colaborar todos.
E outro xogo consiste en dicir correctamente o nome e así conseguir a imaxe que adiviñamos. Gañan os que, ese día, teñan máis.
E co noso dragón Waldo e os seus vídeos aprendemos e divertímonos moito.
Do you want to play…
Sorry!
… learn with us?