O alumnado de 6º de Primaria, aproveitando que está a estudar o pasado en inglés, fixo uns proxectos para nos amosar como era a vida hai uns 50 anos.
[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]
Falaron con avós, bisavós e buscaron información sobre a roupa, os xoguetes, a escola ou a tecnoloxía da época.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Trouxeron coches de xoguete de madeira antiguos, cómics, unha máquina de escribir e mesmo unha cámara de fotos bastante diferente á que empregamos a diario.
[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]
A conclusión: Pareceulles moi divertido ver o que había no pasado, pero que non lles quiten os ordenadores, o móbil nin a Internet.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Se queredes botarlle un ollo aos proxectos e recordar vellos tempos, témolos expostos no corredor do primeiro andar.