Entre profesores, investigadores e educadores existe un amplo consenso sobre a importancia vital da educación artística infantil. As artes desenvolven calidades persoais tan relevantes como a expresión creativa natural, os valores sociais e morais ou a autoestima, entre outras.
Little Big Artist Clan é unha app educativa de balde, para dispositivos móbiles de Android ou Apple, para que os nenos e mozos se familiaricen coa arte contemporánea dunha maneira moderna, lúdica e interactiva.
Durante este curso, os alumnos de 2º de primaria estamos a traballar por quendas con esta aplicación.
A través de sinxelas e coloridas ilustracións, Little Big Artist recolle a esencia de autores como Picasso, Van Gogh, Pollock ou Warhol, pero non trata de imitar as creacións destes grandes artistas senón que axuda aos nenos para realizar a súa propia obra dixital.
Ademais, a aplicación inclúe unhas breves e divertidas “biografías” sobre os artistas que achegarán aos nenos ao personaxe que hai detrás de cada estilo.
Esta aplicación foi desenvolvida grazas ao apoio do programa Impulsa Visión de RTVE.
Aquí vos deixamos algúns exemplos destes “pequen@s artistas”.