Marcha ciclista virtual

O mércores 25 de novembro, os alumnos de 6º de Primaria participamos na marcha ciclista pola igualdade contra a violencia de xénero, coa novidade de que, nesta ocasión, foi virtual. Adaptándonos á situación pola COVID-19.

A actividade desenvolveuse en cada centro escolar de Narón á mesma hora (10:30), de modo que todos os coles estivemos pedaleando e xogando ao mesmo tempo.

Dividíronnos en dous grupos mixtos. A continuación, fomos pasando por quendas pola bicicleta estática, resolvendo un panel dun xogo educativo chamado: Quen é ela?

Por medio de pistas, e coa axuda da Internet, tiñamos que investigar que figura feminina da historia se atopaba tras elas.

Foi unha mañá moi deportiva é educativa!

Post relacionados

Lei do MenorLei do Menor

O pasado 4 de outubro persoal da Asociación ARELA (entidade galega que ten como misión fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da xuventude de Galicia en situación de desprotección e/ou conflito social) impartiu, ao igual que en anos anteriores, unha charla sobre a Lei do Menor dirixida ao alumnado de 2º da ESO.

Esta actividade está contemplada no seu Programa de Prevención de condutas infractoras, denominado KTORCE-18, en alusión ás idades que abarca.