Mochilas viaxeiras

O alumnado de 3º de primaria puido viaxar polo mundo xunto a nosa mascota, Trasno, grazas as mochilas viaxeiras creadas por familias do centro.

Cada alumno/a escolleu o país que máis atractivo lle resultou despois de observar os materiais que ían na mochila . A través dunha postal contáronlle aos compañeiros a súa viaxe.  O resultado foi un mural cheo de destinos dos que aprenderon diferentes culturas e tradicións

Post relacionados

Día da mullerDía da muller

Para celebrar esta data, decoramos a entrada do cole cos traballos realizados polos diferentes cursos sobre figuras relevantes femininas.

En todos os cursos se traballaron e fixeron murais sobre as mulleres máis importantes para a vida do alumnado. Varios mestres de Infantil contaron nesta etapa o conto “Maruxa”, para reivindicar a igualdade de xénero nos traballos domésticos.