Unha mañá, cando os nenos de catro anos chegamos á aula de psicomotricidade, atopamos unha maleta chea de sorpresas: un pasaporte, un mapa, 2 quebracabezas, unha memoria USB cos debuxos de Willy Fog… Así foi como comezamos este proxecto.
A semana pasada os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos a Esfolla na escola. Ao longo da semana plantamos millo, esfollamos, debullamos, moemos, peneiramos, amasamos e papamos pan de millo.