Moito por moi pouco

Os alumnos do cole CPR Santiago Apóstol de Narón quixeron felicitar o Nadal, tras este ano tan duro, aos nosos maiores, ás persoas dependentes e ás familias que teñen que permanecer no hospital nestas datas.

Foi un proxecto que empezou o ano pasado a raíz dunha familia que tivo unha meniña, chamada Vera, que naceu cunha enfermidade conxénita do corazón. Todos quixemos participar nun proxecto tan fermoso para animar ás familias de meniños enfermos nestas datas tan especiais. Foi moi emocionante e apaixonante.

Este ano, fomos máis aló e os alumnos fixeron postais e adornos para colgar na árbore de Nadal, preto da nosa comunidade, nos centros Manuela Sequeiro, Euxa, ASPANEPS, centro de maiores San José, Afal, centro de parapléxicos e complexo hospitalario Arquitécto Marcide.

O que máis nos sorprendeu foi a resposta por parte de moitos dos residentes que nos fixeron vídeos bailando, cantando e felicitándonos, mandáronnos agasallos de Nadal, encántaronnos! Ao velos houbo algunha que outra bágoa de emoción…

Queremos agradecer dende o cole a resposta tan fermosa a esta iniciativa e felicitar o Nadal a todos os que logrades facer un mundo mellor.

Post relacionados

Pedido solidarioPedido solidario

Os estudantes de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante este primeiro trimestre, un proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar, no colexio, unha recollida planificada de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas. Os alumnos distribuíron, por niveis e cursos, unha serie de formularios de pedidos a cada un dos delegados das distintas aulas.

(máis…)

Music is fun!Music is fun!

O alumnado de quinto de primaria estivo a traballar nun proxecto musical nas clases de inglés. Cada un buscou a canción en lingua inglesa que máis lle gustaba, amosoulla aos compañeiros e preparou unha actividade para desenrolar na clase.

(máis…)