Os alumnos de 4º da ESO, acompañados polas nosas titoras, visitamos o día 13 de outubro o MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa).
Primeiro, vimos unha exposición moi curiosa de obras moi diferentes de autores contemporáneos.
Algunhas delas chamaban a atención.
A continuación, explicación do cine en 3D, como se gravou a película “El Hobbit”, mesmo nos prestaron unhas gafas para que puidésemos comprobar o efecto.


Extraordinario!
Por último, a práctica! Convertémonos en: directores, claquetistas, cámaras, editores, en actores e actrices. Gravamos, en grupos, unha curtametraxe. Para iso, fixemos…algunhas tomas, e agora comprendemos a tardanza en gravar películas.


Pasámolo moi ben e divertímonos moito!

