Os peques do cole xa estamos adaptados

Comezou un novo curso…

Para nós, moi especial porque é o primeiro neste cole.

Algúns empezamos con lágrimas, pero axiña nos decatamos que isto é moi entretido.

Pasámolo moi ben todos xuntos nos recunchos da aula, merendamos, falamos e xogamos no parque.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Que divertido é o cole!

Post relacionados

Visita de Marián FerreiroVisita de Marián Ferreiro

O alumnado de Infantil está a traballar, no marco do proxecto SEMGAL, sobre diferentes mulleres importantes da nosa bisbarra e comunidade. O obxectivo é retratar a esas mulleres no muro do noso cole.

Os de 6º de Educación Infantil, ao descubrir a obra realizada polo concello que embeleceu o noso muro, ademais dos valores que transmite, escribíronlle unha carta a Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, para pedirlle axuda no seu proxecto, e poder continuar o mural incluíndo ás mulleres que coñeceron durante este curso: Rosalía de Castro, Chelo Loureiro, Ángeles Vilariño, Menchu Lamas

A súa sorpresa foi enorme cando a alcaldesa se presentou no centro para ler a súa carta e poder escoitalos. Emocionáronse moito coa visita.