Music is fun!

O alumnado de quinto de primaria estivo a traballar nun proxecto musical nas clases de inglés. Cada un buscou a canción en lingua inglesa que máis lle gustaba, amosoulla aos compañeiros e preparou unha actividade para desenrolar na clase.

 

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Aprendemos moitas cancións novas e variadas. Decatámonos de que temos uns gustos musicais ben diferentes uns dos outros, pero que nos divirten todos por igual. As propostas foron moi creativas e rematamos facendo algo semellante ao paseo da fama con estrelas, escribindo o título e o grupo ou cantante, para que todos teñan a oportunidade de coñecelos. Desta maneira tamén podedes axudar a aumentalo.

Animádevos!

Post relacionados

O magostoO magosto

Para celebrar e facer ben visible a nosa festa do Magosto, durante este mes do novembro gozamos dun pequeno recuncho outonal. Nel recollemos todo tipo de elementos vexetais que nos subliñan a importancia desta época do ano na nosa cultura. Castañas, ourizos, cabazas e uvas lémbrannos o noso vínculo coa terra e como o Magosto tamén é unha época de fartura.

(máis…)