Pilar contáranos que nos ía a traer á sua cadeliña Manuela.
Que nerviosos agardando o día!
Acompañada do seu papá Iván e da súa mamá Susana, apareceu Manuela.
Foi unha revolución!
Pilar ensinounos fotos de cando ela era pequena, sempre con Manuela.


Pero o que nos gustou moito, foi ver a Manuela cos seus disfraces de Princesa e de Spiderman.


Logo, quíxonos ensinar os seus debuxos, co que confirmamos o que todos sabiamos, que Pilar debuxa fenomenal.


Por último, demostrounos que, ademais de debuxar moi ben, tamén é unha gran bailarina.
Grazas, Pilar, por compartir connosco a tua cadeliña e as túas afeccións.

