Alumnos, profesores e demais membros da Comunidade Educativa non queremos ser cómplices do acoso, nin das inxustizas, non queremos gardar silencio.
Por iso, o 2 de maio, día internacional contra o acoso escolar, falamos e expresamos os nosos desexos de erradicar esta situación. Plasmámolo neste vídeo.
Os alumnos de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante o mes de decembro, o proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar no colexio, unha recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.