O 18 de decembro, unha representación de alumnos dee de Primaria visitabamos o centro xerontolóxico EUXA–Narón.

Primeiro, interpretamos para os nosos anfitrións a coreografía que estabamos a preparar para o festival de Nadal do cole.
A continuación, cantamos panxoliñas. E ata bailamos xuntos!

Compartimos experiencias cos “avós e avoas”, sobre o Nadal actual e o de cando eles eran nenos.

Tíñannos preparada unha xincana para coñecer un pouco mellor a historia, instalacións, e persoal do centro, que convive día a día con estas marabillosas persoas.

Finalmente, intercambiamos agasallos, unhas postais moi fermosas, feitas por eles mesmos e polos nosos compañeiros de clase.

Moitas grazas por convidarnos!
Queremos volver!

BO NADAL E VENTUROSO 2019!