Os nenos de 3 anos

Unha tarde para os sentidos

A clase dos médicos e dos bombeiros pasárono fenomenal pintando o seu mural de nadal, que foi feito cos seus pés. Estimularon o seu sentido do tacto coa pintura mesturada con arroz. Aproveitaron para gozar bailando mentres perecorrían o papel de arriba abaixo, e todos alegramos a vista coa obra de arte.

Post relacionados

Charla do SepronaCharla do Seprona

Os nenos de Infantil, e os do cole en xeral, estamos profundizando na vida dos bosques e, ao mesmo tempo, o dano que fan neles a contaminación e os incendios. Aproveitando que un papá traballa no Seprona (Servizo de Protección da Natureza), quixemos que nos contara un pouco cómo é o seu traballo, a vida nas Fragas e o perigo do lume.

(máis…)

Visita de Marián FerreiroVisita de Marián Ferreiro

O alumnado de Infantil está a traballar, no marco do proxecto SEMGAL, sobre diferentes mulleres importantes da nosa bisbarra e comunidade. O obxectivo é retratar a esas mulleres no muro do noso cole.

Os de 6º de Educación Infantil, ao descubrir a obra realizada polo concello que embeleceu o noso muro, ademais dos valores que transmite, escribíronlle unha carta a Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, para pedirlle axuda no seu proxecto, e poder continuar o mural incluíndo ás mulleres que coñeceron durante este curso: Rosalía de Castro, Chelo Loureiro, Ángeles Vilariño, Menchu Lamas

A súa sorpresa foi enorme cando a alcaldesa se presentou no centro para ler a súa carta e poder escoitalos. Emocionáronse moito coa visita.