Protagonista: Uxía

“Uxía a esquiadora”

Uxía veu, á escola, acompañada da súa nai e do seu pai. A súa gran habilidade é esquiar. Primeiro, amosounos vídeos dela esquiando.

Uxía amosounos os seus esquís e ensinounos tamén a roupa coa que vai esquiar: Cazadora, pantalón, luvas, casco, gafas e unhas botas especiais para os esquís que as puidemos probar. Canto abriga todo! Aprendemos algunhas técnicas para esquiar e tamén para frear.


Por último, fixemos neve. Encantounos! Algúns nunca viramos neve, así que quedamos sorprendidos.

Que ben o pasamos!

Grazas Uxía e familia!

Post relacionados