Despois de tantos meses, por fin, estamos de volta!
(máis…)
Salientar que é responsabilidade de todas as persoas a nivel individual que forman a Comunidade Educativa de contribuír ao cumprimento estrito das medidas de protección implantadas, encamiñadas a controlar e a reducir a transmisión da COVID-19.
ESTE É UN PLAN VIVO QUE PODERÁ SER MODIFICADO ADAPTÁNDOSE Á NOVA SITUACIÓN DA COVID-19 E ÁS NOVAS NECESIDADES QUE XURDAN COA SÚA IMPLANTACIÓN.
A tarde do xoves 3 de setembro, profesores, persoal de limpeza e administrativo do colexio, participamos no curso organizado pola CECE Galicia: “Contornas educativas seguras fronte á Covid-19”.
(máis…)
1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
2. O día 11 de setembro 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
3. O día 23 de setembro 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
4. O día 24 de setembro 3º de educación secundaria obrigatoria.
5. O día 25 de setembro 4º de educación secundaria obrigatoria e formación profesional básica.