O alumnado de 5º de Primaria participou no obradoiro de papiroflexia para comprender, paso a paso, as diferentes partes dos corpos xeométricos e a formación de pequenos animais. Todos se implicaron e gozaron coa tarefa. Quedoulles moi bonita a decoración, e cada un/unha elixiu uns motivos diferentes. Foi un éxito.
Parabéns a todos!