O alumno de 6º de Primaria, Lois Martínez, resultou finalista da 42ª edición do concurso “Que é un rei para ti?“.
O venres 2 de xuño todos os finalistas de Galicia xuntáronse en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública. Acompañados de profes e familiares, esperabamos ansiosos a decisión do xurado.

Non acadamos o primeiro premio, pero xa o feito de estar entre os mellores da nosa Comunidade Autónoma é un orgullo!