Premios Muralla

XXII edición dos premios Muralla de Lugo de debuxo e redacción infantís.

O CPR Santiago Apóstol é o colexio gañador na categoría de grupo de traballos de debuxo.

O poder de convocatoria dos premios Muralla púxose de novo de manifesto nesta edición, a vixésimo segunda, á que concorreron 2.505 debuxos e 152 redaccións realizados por escolares de 44 centros docentes das catro provincias galegas.

Ademais de temas de actualidade como a pandemia e a invasión de Ucraína, os nenos abordaron nos seus traballos, co monumento romano como epicentro, outros asuntos: a sustentabilidade, o coidado do medio ambiente, a protección do patrimonio histórico-artístico ou o apoderamento feminino.

A directora xeral de Patrimonio da Xunta, Carmen Martínez, fai entrega do premio ao noso colexio.

Parabéns a todos os premiados!

Post relacionados

Ata sempre Mateo!Ata sempre Mateo!

Dende aquí queremos facerlle unha homenaxe a Mateo González, quen nos deixou inesperadamente esta pasada fin de semana. Moitos lembraredes a súa estadía no noso colexio, xa que el impartiu aquí clases de Expresión Corporal. Agora mesmo triunfaba na televisión, no teatro e no cine; pero non esquecía as súas raíces nin de onde viña.

(máis…)