O alumnado de terceiro de primaria comezou este curso con dous proxectos.

No primeiro, eramos, cada un de nós, un peixe diferente, que pintabamos da maneira en que nos vemos a nós mesmos. É xenial ser distintos! O que si faciamos era nadar na mesma dirección para chegar a bo porto.

No segundo, traballamos o outono e a variedade de arboredo con folla caduca. Tiñamos distintas follas sen rematar de debuxar, aprendendo deste xeito sobre simetría.

Logo, pintabámolas e poñiámolas no lugar axeitado dependendo da forma.

As árbores podían ser: “oak”, “apple tree”, “maple” ou “beech”.