Protagonista: Adrián

“Adrián, experto en peixes”

Non é novo para nós que Adrián é un apaixonado dos animais, e así nolo mostrou no seu día como protagonista.

Veu acompañado dos seus pais e da súa irmá para demostrarnos canto sabe de peixes.

Nas súas viaxes, vai a todos os zoos, museos de dinosauros… cantos acuarios visitou!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Tamén nos ensinou os seus xoguetes de animais, enormes!

Finalmente, convidáronnos a crear o noso propio acuario pintando habitantes do fondo mariño, converténdoos en marionetas de pauciño e cantando e bailando unha canción.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Como premio polo noso traballo… uns smarties!

Grazas por compartir connosco unha mañá tan divertida!

Post relacionados