Unha gran cociñeira
Adriana, foi a nosa protagonista desta semana, veu acompañada dos seus pais Noelia e Borja, e da súa irmá Vera, para demostrarnos o ben que se lle dá a cociña, sobre todo amasar.
O fundamental é, sen dúbida, que as medidas sexan as adecuadas, e, para iso, tivo a axuda da súa nai.
A masa é moi pegañenta!
Xa está lista para estirala, e ofrecerlle un anaco a cada neno.
Moitas grazas, Adriana e familia!