Unha gran bailarina!


Alba foi a nosa estrela. Veu cos seus papás, Fredi e Marta. Amosounos a súa habilidade: bailar!

Primeiro, fixo unha actuación con cinta para todos nós.

Encantounos!


Despois, deixounos probar a cinta a todos os que quixemos.

A sorpresa que máis nos gustou foi bailar ao ritmo do Just Dance.

Vaia equipo de baile que temos!

E, para rematar, regalounos unha galletiña e un chocolatiño.

Mmmm!

Graciñas a Alba e á súa familia!