Unha tarde espacial
Tomás e a súa nai Vero faláronnos das afeccións. Tomás é un apaixonado do universo e ensinounos todo o que sabe do sistema solar; demostrounos que é un verdadeiro profesional no tema.


Tamén nos deleitou cunha colección da súa outra paixón: O DEBUXO. É un artista xa que debuxa dende bodegóns ata planetas cos todos os detalles.
Impresionounos a súa maqueta interactiva do sistema solar e aprendemos moitas cousas interesantísimas!
E non puideron faltar as súas esculturas en plastilina dos planetas que arrodean a Terra e do astro Sol.
A súa nai e el animáronnos a construír o noso propio sistema solar en equipo. Puxémonos “mans á obra”.
Quedou impresionante!

Ademáis deixáronnos un quebracabezas do espazo para divertirnos na aula…

PASÁMOLO BOMBA!
Moitas grazas a Tomás e a Vero por compartir con nós tantos coñecementos.