Construímos sen parar!

Esta semana a nosa estrela foi David. El e a súa nai faláronnos dos gustos culinarios de David.

Despois, ensináronnos a súa habilidade: Construír. Fíxonos unha demostración coas súas construcións e co xogo de “jenga, do altas que chegan a ser as súas torres. Encantounos e mesmo quixemos probar todos.

Ademais, David é un gran afeccionado a Star Wars, veu disfrazado de Darth Vader e usou a súa forza para esconder, no patio, un tesouro que tivemos que atopar…

Unha caixa de galletas dunha galaxia non moi distante!

Grazas por esta tarde David e Ana!