Artista, Porteiro e Bailarín
Lois estivo acompañado, na súa tarde como protagonista, dos seus pais e do seu irmán Xian. Entre os catro, fixeron unha gran actuación de monicreques.
Representaron o conto de Peter Pan.
Tamén realizou unha exhibición da súa habilidade como porteiro, que logo, e aproveitando o bo tempo, continuou no parque.


Ademais, demostrou ser un gran bailarín de Hip Hop, e intentou que os seus compañeiros se animaran.


Por último, trouxo un coche teledirixido, do que gozamos todos.
Unha tarde moi proveitosa, e moi divertida.

