Que boa memoria!

Esta semana o noso protagonista, Diego, veu coa súa nai Cristina e a súa avoa Teresa.

Ensinounos as súas cancións favoritas e, como somos moi bailaríns, axiña nos animamos a acompañalo!


Despois, falounos dunha das súas grandes habilidades: xogar ó mémori. Participamos todos nós.

Fíxonos concentrar ao máximo.

A continuación, compartiu outra habilidade: andar co patinete. Encantounos dar voltas con el!

E, para rematar, madalenas e lambetadas para todos!

Que sorte!

Graciñas familia!