O noso futbolista
Raúl veu acompañado do seu pai Ramón.
Tróuxonos ao cole fotos das súas afeccións. É un apaixonado dos deportes!


Ensináronnos, tamén, un equipo de mergullo para a pesca submarina.
Que pasada!




Xogamos á gran afección de Raúl: O fútbol. Primeiro, uns penaltis para quentar; e, despois, un partido de fútbol.



Como o fixemos tan ben, Raúl regalounos unha copa que realizou coa súa nai; dentro tiña dúas pelotas: unha, salta; e, outra, é de chocolate.