Pintura e baile
Todos sabemos que a Eli lle encanta debuxar e pintar. O día que foi protagonista compartiu connosco estas afeccións.


Preparou un debuxo precioso co seu nome e o seu autorretrato, e con témpera de cores cada un pintouno como quixo.
Quedáronnos fermosos, pero, sen dúbida, o mellor era o seu.
Tamén nos amosou o ben que se lle dá o baile e, a ritmo de Sofía, de Álvaro Soler, que é a súa canción favorita, fíxonos unha exhibición.


Por último, e para adozarnos a tarde, repartiunos uns chupa-chups.