Enzo, “o ximnasta”, fainos unha demostración no ximnasio!
A semana do 2 ao 8 de marzo, Enzo foi o protagonista. Veu acompañado da súa nai Ana, do seu pai Javier, e da súa irmá Jana.
Amosounos a súa flexibilidade facendo a ponte.
Imitamos a Enzo, tendo coidado de non mancarnos. Ata Jana participou!
Xa na clase, e con tranquilidade, vimos unha presentación, onde nos explicaron as cousas que lle gustan a Enzo.
Grazas familia!