Afeccionado ao motor
Jaime gozou a súa tarde de protagonista acompañado dos seus pais e da súa irmá maior.
Ensinounos a súa gran colección de súper heroes.
Cantos ten!
Asinámoslle un balón de fútbol porque tamén lle encanta o fútbol.


Pero o que máis lle gusta de todo é… a súa moto!
Despois dun esforzo, o papá conseguiu arrincar a moto e vimos o bo que é Jaime como piloto de motos.


Todos quixemos unha foto coa moto.
Logo de tanta emoción, que mellor que unha merendola!