Unha bailarina con moito estilo
Jimena foi a protagonista da pasada semana. Acompañada polos seus papás, Sonia e Carlos, e pola súa irmá, Daniela, explicounos, por medio dun mural con fotos, os seus gustos e afeccións.

Tamén aparecía o seu canciño Balto.

Logo, tivemos unha divertida sesión de maquillaxe.
Por último, fíxonos unha demostración de baile moderno, a súa paixón.
Grazas Jimena e familia por unha tarde tan divertida!
