Tarde de folclore e ciencia
Julia Arnoso, a protagonista, veu acompañada dos seus pais Tamara e José, da súa irmá Gabriela, e o seu curmán Mario.
Tiñan todo preparado nunha presentación que vimos na pantalla dixital. Descubrimos moitas cousas da nosa compañeira Julia.
Encántalle o baile galego!
Ela e a súa irmá Gabriela ensináronnos os seus preciosos traxes de baile; explicáronnos qué levaban e as diferenzas entre unha e outra.
Unha, moi traballadora; e a outra, moi festeira!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Demostráronnos o ben que tocan a pandeireita acompañadas polo seu curmán Mario; e tamén bailan xenial.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Chegou a quenda da ciencia cun grupo de científicos moi divertidos.
Vimos, en vivo e en directo, a erupción dun volcán.
Vaia pasada!
Para ramatar unha tarde xenial, unhas lambetadas.