Judo, boxeo e plantas
Esta semana Marta foi a nosa protagonista. Veu acompañada dos seus papás Mayte e Gonzalo.
Ensinounos o ben que se lle dá o Judo. É o segundo ano que o practica e xa é cinto branco-amarelo!
Fomos todos xuntos ao ximnasio. Enriba do Tatami fíxonos unha exhibición, axudada polo seu papá.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Aínda nos sorprendeu máis saber que a Marta tamén lle gusta practicar o boxeo.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Os dous deportes se lle dan moi ben!
Logo, voltamos á aula, onde compartiu connosco outra afección, as plantas.
Marta veu cargada con macetas, sementes de cabazas, fabas e flores.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
A ver se nuns días temos os brotes das nosas plantiñas.
Por último, e para ter ainda mellor recordo, repartiu barriñas de chocolate.
Unha tarde para non esquecer!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]