Protagonista: Martina

“Bailarina e cantante”

Martina veu acompañada dos seus pais. Ten dúas grandes habilidades: bailar flamenco e cantar.

 Preparouse coa roupa flamenca, bailounos unha canción e logo probamos nós a vestimenta. Foi xenial xa que algúns nunca puxeramos tacóns.

Ademais, cantounos unha canción. E tivo bailarinas!

Tamén, narra contos e contounos o dos tres porquiños. Gustounos moito!

Por último, fixemos unha manualidade dun reno.

Quedou xenial!

Grazas a Martina e á súa familia!

Post relacionados

Entroido 2021Entroido 2021

A situación que estamos a vivir este ano, marcada polas limitacións, non nos permitiu realizar cousas que eran habituais nas datas do entroido. Así e todo, non perdemos a ilusión, e a semana pasada celebramos, dentro das aulas, o noso entroido.

(máis…)