O máis futboleiro: Matías

    Matías veu, á escola, acompañado pola súa nai Vanesa e o seu irmán maior, Hugo.

Coa axuda dun mural, feito por el e o seu irmán Hugo, ensinounos a súa gran afección: o fútbol. Vimos fotos dos seus compañeiros e do equipo. Matías xoga no Racing de Ferrol dende hai dous anos.

A Matías tamén lle gustan outros deportes. Ten moita destreza montando en patinete. Hugo tamén o fai xenial e amosounos varios trucos. Todos puidemos probar a nosa habilidade en patinete.

Xogamos un partido de fútbol e probamos a nosa destreza co balón tirando uns penaltis.

  Matías regalounos unhas gomas de borrar en forma de patinete e uns chupas.

Pasámolo xenial!

Moitísimas grazas!