O noso especialista en tartarugas
Rodrigo veu, á escola, acompañado do seu pai Javier e as súas tartarugas.
Explicounos moitas cousas das tartarugas: cómo son e cómo coidalas. Puidemos observalas e facer preguntas que Rodrigo contestou. Axudamos a Rodrigo e a súa familia a escoller o nome das tartarugas. Tivemos un montón de ideas!



Tamén construímos uns quebracabezas.
A Rodrigo gústanlle moito!

Rodrigo fíxonos un “comecocos” para cada un. Escribímoslle os números e xogamos con el.
Moitas grazas!
Pasámolo xenial!