De visita ao traballo do seu pai
Saímos do cole para celebrar a estrela de Mauro. Fomos ao parque de bombeiros onde nos recibiu o seu papá Rubén.
Vimos os camións e mesmo subimos nun deles!




Mauro cunhas tenaces enormes cortou un anaco de ferro.
Quedamos alucinados!
Usamos a mangueira para mollar todo o parque de bombeiros, que divertido! E vimos onde se pon en forma para facer ben o seu traballo.


Pero o mellor: a festa da escuma!


E, ao chegar á clase, unha riquísima galleta decorada con cousas de bombeiros.