Patinadora e lambona
Nerea quixo presentarnos ao seu gran compañeiro Pupi.


Acompañounos a súa mamá Marta.
Todos fomos ao ximnasio, onde Nerea nos demostrou as súas habilidades cos patíns.
O primeiro foi colocar as proteccións (casco, xeonlleiras, …) e explicarnos para que serve cada unha.


Que ben patina Nerea!
E quixo que algúns de nós gozásemos, tamén, do pracer de esvarar.


Pero, hai que engadir que o anaco de chocolate que nos trouxo de merenda estaba delicioso!

